9.5.14

Saída a Porto 2014


Clica na imaxe para ver as fotos.

Este venres, 9 de outubro, os de 4ºD fixemos unha saída a Porto (Portugal). Este ano como actividade principal foi a visita á Casa da Música de Porto. Un dos edificios máis bonitos desta preciosa cidade, comparable museo Guggenheim de Bilbao . Un dos mellores edificios durante varias décadas como o de  mellor acústica. Un luxo para todos os amantes da música. 
Xunto con esta actividade fixemos na escola Nosa Senhora de Lourdes, unhas danzas, a da Moto,  e a Carrasquiña, con unha "turma" da escola. Xogamos con eles á  mata e algúns fixron un pequeno circuíto de baloncesto. Outros xogaron a fútbol nos tempos de lecer que houbo despois do "almorzo portugués" (hora do xantar galego. Para rematar tocamos a canción do "Carro" de Fuxan os Ventos e logo merendamos nun parque dunha estacíon de servicio en Barcelos.
En resumo, unha experiencia diferente e enriquecedora que nunca esqueceremos.

Ver as danzas
Ver canción do Carro de Fuxan os Ventos

No hay comentarios:

Publicar un comentario