2.5.14

Premio Leixaprén 2014

A CGENDL convoca un ano máis o Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino adscritos á CGENDL. Nas bases que podedes consultar na páxina web establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación. As candidaturas seleccionadas nesta edición son

Na páxina referida e no documento anexo podedes acceder a un breve currículum das candidaturas. 
Como participar? O prazo de votación remata o 30 de maio e farase a través da páxina web e da persoa que coordine o Equipo do voso centro, que deberá utilizar o enderezo electrónico que deu para adscribirse á CGENDL. Para resolver calquera problema ou facer as vosas consultas podedes dirixirvos a correo@coordinadoraendl.org.

Artigo Relacionado:

Premio Leixaprén 2013 (Javier Gómez Noya)

No hay comentarios:

Publicar un comentario