15.5.14

Contos do carro


Estas son as nosas páxinas que imos presentar para o "Trotacontos" ou "Conto Viaxeiro" que facemos con outras escolas de Pontevedra: Cabanas, Campañó, Lérez, Xeve, Crespo Rivas e o Marcos da Portela de Monteporreiro. O día 22 deste mes teremos xa o conto completo e virá a entregalo un animador de contos. Dicir que esta actividade está sendo posible grazas a colaboración do Concello de Pontevedra, que subvenciona a actividade para poder imprimir o conto e que todo o alumnado poida levalo a casa.
O primeiro debuxo é a portada do conto, onde xa ven os trebellos que traballaron as diferentes escolas: o arado, a lagareta, o carro , o muíño e a cabana (hórreo).

Ver os contos en PDF

No hay comentarios:

Publicar un comentario