24.3.14

18.3.14

Entrega de Premios na XXII Edición da Camelia no CEP Campolongo


Hoxe martes 25 de marzo entregáronse os premios da XXII Exposición da Camelia do CEP Campolongo . Se clicas na 1ª  imaxe verás as fotos do acto de entrega de premios. Se clicas na 2º verás algúns dos traballos. Na 3ª verás algunhas das flores.

NOTA. Esta é unha primeira tanda. Axiña poremos máis fotos.


Revista para as familias - Ollos de Aula -13

Velaquí tedes un novo número, o 13 (marzo-abril), de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado . E que trae desta volta? Unha colaboración de Concha Costas, presidenta de;Espazo Lectura;outra ;de Gracia Santorum . E algo máis? Pois si, non esquecemos a importancia do almorzo para o desenvolvemento dos nenos e nenas e para o seu rendemento escolar. E, para rematar, un desexo: gocemos da primavera e o sol vestindo con autoestima, elegancia e estilo a mellor das nosas roupas, a lingua e a cultura galegas.

Números anteriores

15.3.14

XV Salón do libro

XII Exposición da Camelia - CEP Campolongo


O Parlamento aproba por unanimidade a ILP Paz Andrade

Incorporar o galego ao ensino, desenvolver relacións con países de lingua oficial portuguesa e participar nos foros da lusofonía e facilitar a recepción das radios e televisións do país veciño. Estes son os eixes da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade que o Parlamento de Galicia aprobaba esta mañá por unanimidade logo de ser apoiada por máis de 17.000 sinaturas. Parlamentarios de todos os grupos destacaron a oportunidade que supón para o noso país procurar un maior achegamento coa lusofonía. Ver texto normativo

Cipariso

Na mitología grega, un mito ambientado en Quíos fala de Cipariso (grego: "Kyparissos"; latin: cupressus, ciprés), un novo raparigo fillo de Télefo, descendente de Heracles, que foi un dos amantes do deus Apolo. Trátase dun mito de época helenística, que tamén aparece na literatura latina e en varios frescos da cidade romana de Pompeia.
Segundo o mito, Apolo regalou a Cipariso unha xavelina para cazar, pero por erro o raparigo matou ao seu cervo domesticado, un fermoso animal con hastas de ouro e grilandas de pedras preciosas. Tanto foi a súa dor e o seu pesar  que pediu ao deus Apolo que lle permitise choralo para sempre. O deus aceptou a súa súplica e converteuno en alcipreste (ciprés), árbore relacionada co pesar e a dor polos seres queridos.
Segundo algúns autores o mito representa o paso da adolescencia á madurez, mostrando un raparigo que se inicia na caza e as artes da guerra e que debe cambiar para converterse en adulto..

13.3.14

Dalle a lingua na radio con Onda Cero

Hoxe xoves 13 de marzo tivemos a gravación dos 10 programas "Dalle a Lingua"de Onda Cero Radio (escoitar en directo) Xa nos avisaron que os programas  serán emitidos a partir deste vindeiro luns 17 ata 28 de marzo. (10 días). Entre 11:50-12:00. A frecuencia para escoitar é FM 103.6  

A estructura ou plantilla  do noso programa foi a seguinte:
1- Presentador/a
2- Persoeiros das rúas de Pontevedra  (curso 2012-13).  Ver curso 2013-14 (Blog de E. Física)
3- Cita de Nelson Mandela.     Ver máis citas (Unescolongo)
6- Adiviñas dos alimentos. (Campolongoteca)


Despois do 28 de marzo  porán na páxina web de Onda Cero os audios de todos os programas. Similar a estes:
CEIP Froebel                            IES Sánchez Cantón

8.3.14

Cántomo en galego

“Cántamo en Galego” é un novo espazo musical radiofónico no que cada luns, durante o programa Pontevedra na Onda, coñeceredes todas as novidades da produción musical en galego: discos, concertos, certames, festivais, eventos...
Na ligazón ou no audio escoitaredes a primeira emisión do pasado 3 de marzo, coas novidades de Terbutalina, Mónica de Nut, Familia Caamagno e Arritmia; próximos concertos como o Desaramar do 7 de marzo, co melloriño da música actual, e certames musicais como o Fest e ou o Ben Veñas, Maio.

As linguas si contan