2.2.14

Refraneiro de Febreiro

Neste mes de Febreiro temos dous santos refraneiros: A Candeloria, o 2, e San Brais o 3. Na Candeloría é cando se di que casan os paxaros, e no San Braís xa se nota como medrou o día.
Clicando nas ligazóns anteriores atoparás máis do que temos aqui neste artigo.

"Cando a Candeloria chora, metá do inverno vai fóra".
"Día de S. Brais , hora e media mais, e o que ben lle contou, dúas horas lle encontrou"..
"En febreiro corre a auga por calquera regueiro"
"En febreiro, sete capas e un sombreiro"
“A chuvia en febreiro fai o palleiro”. 
"Ten o inverno por pasado se ves a febreiro empapado".
"Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira".
"Febreiro tasqueiro, nin boa meda nin bo palleiro".
"Mal ano espero, se en febreiro anda en mangas de camisa o xornaleiro".
"En febreiro, un pouco ao sol e outro ao fumeiro".
"A castaña e o besugo en febreiro están en zugo".
"En febreiro sete lobos ao carreiro"
"Xaneiro xiadeiro, febreiro fervedeiro, marzo pelarzo, abril co día no cubil".
"En febreiro garda a leña no leñeiro"
"En febreiro sae o oso do oseiro"
"Febreiro currusqueiro, marzo ventoso, abril chuvioso, maio louro cuberto de ouro"
"Febreiro, xiada na leira, e cachopo na lareira".
“Se non chove en Febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro”.
“O dous de febreiro súbete ó outeiro; se ves negrexar ponte a cantar; se ves branquexar bótate a chorar”
“Se febreiro non febreirea, marzo non marcea.”
“Cando chove en febreiro todo ano é temporeiro”.
“Come máis pan un día de sol de febreiro que os cabalos de todo o reino”.
“En febreiro, por cada rego un caneiro”.
“Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro”
“Febreiro corzo, cos seus vinte e oito, se durara máis catro, non quedaba can, nin rato no seu burato”.
“En febreiro saca o boi do teu centeo”
"Febreiriño a ferverexar e a espurritiña do trigo a medrar"
"Neve febreiriña, tarde ven logo camiña"
"Febreiro lardeiro..."
"Febreiro mollado Maio soleado"
"En febreiro limpan o cu no palleiro"
"En Febreiro nin can, nin cadela nin sombreiro"
En febreiro sete lobos ao carreiro.
-Febreiro, felerpeiro.
-Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
-Aproveite ben febreiro quen mal folgou en xaneiro.
-En febreiro mete obreiro, antes no derradeiro que no primeiro.
-En febreiro mete obreiro, pan che comerá pro traballo che fará.
-Febreiriño corto cos seus vinteoito, se tivera máis catro non paraba can nin gato, nin abella no burato.
"Neve febreiriña pica a galiña"
"A neve febreiriña vaise axiña"
"Dure a mala veciña o que a neve febreiriña"
"Pola Candeloria metá do inverno vai fóra, se chove ou venta, inda entra".
"Se a Candeloria chora, metá do inverno vai fóra; que chore que deixe de chorar, metá do inverno está por pasar"
"Pola Candeloria cásan os paxariños e vaise a galiñola"
"A partir da Candeloria, ningunha ave boa soa"
"Cando a Candeloria chora, a metade do inverno vai fora".
"Por San Brais, dúas horas máis" 
-Mira, Brais, por onde vas, e coida ben o que fas.
-Brais, lávate e comerás, e dispois de ben lavado non comerás bocado.
-San Brais da barca que afoga e non mata.
"Ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en febreiro".
"Mal ano espero se en febreiro anda en mangas de camisa o xornaleiro".
 "En febreiro un pouco ó sol e outro ó fumeiro".

2 comentarios:

  1. no deberías hacer leer esto, no es educación física

    ResponderEliminar
  2. Cando se le no tempo de lectura na escola é simplemente lectura, non é a materia de E. Física. Ou acaso se le matemáticas coa mestra de matemáticas no tempo de lectura? Podería ser, pero xeralmente non é así. Non si?

    ResponderEliminar