8.1.14

Refraneiro do mes de xaneiro

Coñeces algún outro refrán deste mes? Se así é podes engadilo nos comentarios para compartilo con tod@s, ou decírllelo á mestra/e e logo poder metelo con estes outros. Busca no dicionario ou pregunta por aquelas palabras que non entendas. De momento "auga temos bastante".

“A auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.”

“A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.”

“A flor de xaneiro no chega ao froiteiro.”

"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"

"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"

"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"

"Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"

"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".

“En decembro descansar, en xaneiro traballar.”

“En xaneiro sabe a berza vella a carneiro.”

“En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro”.

“En xaneiro, pon o alleiro.”

“Entre Nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.”

“Nadal e xaneiro, fan o inverno enteiro.”

“No mes de xaneiro, pon os pés no braseiro.”

"Por xaneiro, o ferreiro vale carneiro"

“Polo san Vicente, planta os nabos da semente.”

“Polo xaneiro verán, nin palla nin gran”.

“Poucas chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"

“Tronos en xaneiro, mortandade no reino.”

“Xaneiro mollado, febreiro transtornado”

“Xaneiro quente, trae o demo no ventre.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario