3.11.13

Refráns de novembro


- No Mes de Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bon caldo cos untos.
- Por todos os santos, neve nos campos.
- Santos, ou secas fontes ou levas pontes.
- No mes de mortos, non saches a horta nin capes os porcos.
- Por Santos, neve nos altos e frió nos campos.
- Se novembro empeza ben, nada hai que temer.
 - Polo Novembro as noites van crecendo.
 - De Santos á Navidá, é inverno de verdá.
 - Dende Santos ó Nadal é inverno natural.
 - De Santos a Nadal, inverno carnal.
 - De Santos á Ascensión non quites o mantón.
 - No mes dos mortos, mata os teus porcos.
 - Chegan os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.
 - Por Santos, ainda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
 - Cando Santos remata, o inverno empeza.

-Por Santa Catalina (25 de novembro) neve na cociña.

Referidos a San Martiño (11 de novembro)

- Castañas noces e viño fan as delicias de San Martiño.
 - Polo San Martiño, trompos ao camiño.
 - Polo San Martiño, peóns ao camiño; polo San Amaro, peóns ao faiado.

 - No día de San Martiño, abilla o teu viño.
 - Auga de San Martiño, come pan e bebe viño.
 - Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.
 - Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.
 - Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.
 - O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño.
 - Polo San Martiño, mata o teu porquiño.
 - Polo San Martiño, nen fabas nin liño.
 - Polo San Martiño, buxainas ó camiño.
 - Polo San Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!
 - Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño.
 - A todo porco lle chega o seu San Martiño.
 - O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.
 - Polo San Martiño, andan as noces a roliño.
 - Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.
 - As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.
 - Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello. -
-O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño.
 - Alegría, alegrote que anda o rabo da porco no pote.

 Referidos a San Andrés (30 de novembro)

-Novembro, ditoso mes, empeza con Santos, acaba con San Andrés. 
 - Bendito o mes que comeza con Santos, media con San Uxío e remata con San Andrés.
 - Por tódolos Santos, neve nos altos, polo San Andrés, neve nos pés.
 - Ditoso mes que empeza en Santos e remata en San Andrés.

 - Polo San Andrés colle o porco polo pé.
 - Polo Santo André mata o teu parco como o tes

No hay comentarios:

Publicar un comentario