26.11.13

Javier Gómez Noya en Campolongo recordando o Premio Leixaprén



Recordades o Premio Leixapren ? Pois si, foi o premio que a CGEDNL lle deu a Javir Gómez Noya, campión do mundo 2013 de Triatlón. O día da entrega do premio, en xuño deste ano 2013, non poido acercarse ó noso centro para recollelo, delegando a recollida do mesmo no seu adestrador Omar González e a representante da Federación Galega de Triatlon, Alba Cuba, pero quedáramos un pouco en broma, que a poder ser, nos tería que visitar algún día, a pesar do seu axetreado calendario deportivo. E dito e feito! Un día destos teremos esa sorpresa. Un dos nosos campións galegos faranos unha visita para animarnos a practicar deporte, e como non, a poder ser o que el practica, o Triatlón, que é unha das especialidades máis completas que existen no deporte actual.

Como dirían algúns dos nosos paisanos:

Un grolo polo noso campión!!!

13.11.13

Magosto 2013


Mañá venres día 15 de novembro celebraremos o magosto na escola con cantigas, xogos e castañas.

11.11.13

11 de novembro "Día do Peón" e "Polo San Martiño, trompos ó camiño"


Onte, día 11, celebramos, O CEP de Campolongo, de Pontevedra,  o Día de San Martiño lanzando todos xuntos ( 3º, 4º, 5º, e 6º) o trompo no patio do Ciclo Medio. Este ano  xuntamos no patio 375 rapaces coa festa do trompo.

Cos  lemas 11 de Novembro "Día do Peón", e "Polo San Martiño, trompos ó camiño",  fomos moitas as escolas que celebramos en toda Galicia.

Noraboa a todos polo éxito da participación!!!! e o ano que vén, batiremos o record de participación.

Ver todas as fotos

Ver todos os participantes na Galiza (Blog de Brinquedia)

Mural ou Paneis do Roteiro Sesmero


Clica en calquera das imaxes para ver máis imaxes do panel posto para este aniversario do finamento do Arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero González

Roteiro Sesmero con 5ºB e 5ºC



Os grupos 5ºB e 5ºC facendo o Roteiro Sesmero. Este día, venres día 8 de novembro, non tivemos sorte co tempo e tivemos que refuxiarnos dentro do Concello para poder seguir explicando. De todos xeitos coido que xa se sabe máis deste importante arquitecto que deseñou unha parte da Pontevedra moderna.

  Ler a biográfia de Sesmeros en Pontevedra.

Ver Mural da Exposición Roteiro Sesmero

Ver artigo do seu neto

  Ver máis fotos de 5ºB e 5ºC

Ver máis fotos relacionadas con Sesmero

6ºB e 6ºC no Roteiro Sesmero



Este luns tocoulle facer o Roteiro Sesmero ós de 6ºB e 6ºC.

Ver máis fotos

Ver Biografía do Arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero González

Artigo do seu neto.

Ver Mural do Roteiro Sesmero

3.11.13

Refráns de novembro


- No Mes de Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bon caldo cos untos.
- Por todos os santos, neve nos campos.
- Santos, ou secas fontes ou levas pontes.
- No mes de mortos, non saches a horta nin capes os porcos.
- Por Santos, neve nos altos e frió nos campos.
- Se novembro empeza ben, nada hai que temer.
 - Polo Novembro as noites van crecendo.
 - De Santos á Navidá, é inverno de verdá.
 - Dende Santos ó Nadal é inverno natural.
 - De Santos a Nadal, inverno carnal.
 - De Santos á Ascensión non quites o mantón.
 - No mes dos mortos, mata os teus porcos.
 - Chegan os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.
 - Por Santos, ainda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
 - Cando Santos remata, o inverno empeza.

-Por Santa Catalina (25 de novembro) neve na cociña.

Referidos a San Martiño (11 de novembro)

- Castañas noces e viño fan as delicias de San Martiño.
 - Polo San Martiño, trompos ao camiño.
 - Polo San Martiño, peóns ao camiño; polo San Amaro, peóns ao faiado.

 - No día de San Martiño, abilla o teu viño.
 - Auga de San Martiño, come pan e bebe viño.
 - Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.
 - Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.
 - Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.
 - O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño.
 - Polo San Martiño, mata o teu porquiño.
 - Polo San Martiño, nen fabas nin liño.
 - Polo San Martiño, buxainas ó camiño.
 - Polo San Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!
 - Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño.
 - A todo porco lle chega o seu San Martiño.
 - O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.
 - Polo San Martiño, andan as noces a roliño.
 - Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.
 - As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.
 - Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello. -
-O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño.
 - Alegría, alegrote que anda o rabo da porco no pote.

 Referidos a San Andrés (30 de novembro)

-Novembro, ditoso mes, empeza con Santos, acaba con San Andrés. 
 - Bendito o mes que comeza con Santos, media con San Uxío e remata con San Andrés.
 - Por tódolos Santos, neve nos altos, polo San Andrés, neve nos pés.
 - Ditoso mes que empeza en Santos e remata en San Andrés.

 - Polo San Andrés colle o porco polo pé.
 - Polo Santo André mata o teu parco como o tes

Revista para as Familias-Ollos de Aula Nº 10 - Novembro


En menos de 30 minutos podes ter un pouco máis claras as ideas sobre diversos temas que están de actualidade no ensino: acoso escolarcoeducacióninterdisciplinaridade  ..

2.11.13

Roteiro Sesmero con 6ºA e 5ºA



O pasado martes 29 de outubro os grupos 6ºA e 5ºA fixemos o Roteiro Sesmeroque a Concellaría de Urbanismo de Pontevedra está estos días a ofrecer, entre outros, ós centros educativos.
Comezamos polo Palacete dos Mendoza, que foi o seu primeiro traballo privado na cidade de Pontevedra, logo  continuamos  polo Concello, primeiro traballo oficial, para rematar vendo o edifício da Deputación, A Alameda e as Palmeiras, onde tamén está o Goberno Militar, que fora deseñada por este arquitecto como escola. 

Foto montaxe dun carro galego (Carro do país)



Un foto-montaxe cun carro galego feita por  Moises,  pai de Sabela (6ºB e Fabiola (3ºA).

Artigo relacionado Partes do Carro

Ver webquets  sobre o carro