22.9.13

Prohibido cans



Se todos os donos dos cans tiveran o coidado que hai que ter cos mesmos en certos lugares non faría falta poñer estes sinais, de prohibido cans, que por lei hai que ter, entre outros, nos centros escolares. E xa que hai que mostralos, por que sempre se atopan en castelán e non en galego

Aquí, no CEP Campolongo, o  equipo de dinamización lingüística,  fíxose esa pregunta, e de momento, tamén, por lei, é obrigatorio  rotular nas institucións públicas, en galego. Pois coidemos a nosa lingua utilizándoa. Non si? Ver outra sinal semellante

Ningún comentario:

Publicar un comentario