9.6.13

O Premio Leixaprén para Gómez Noya, será entregado no CEIP Campolongo este venres 21 de xuño



O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, centrouse na súa edición de 2013 no ámbito deportivo, que constitúe unha das manifestacións sociais máis recoñecidas e influíntes hoxe en día na conformación de modelos de comportamento social, nomeadamente entre a mocidade.

O triatleta Javier Gómez Noya ( gañador desta edición),  de enorme prestixio mundial e un dos maiores referentes do deporte galego na actualidade, resultou ser o deportista máis votado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián que fai da lingua galega.

O ciclista Gustavo César Veloso, a adestradora Pilar Neira Martínez e a futbolista  Verónica Boquete completaron o elenco de candidaturas propostas polo comité de selección do Premio Leixaprén

O Premio Leixaprén,  da CGEDNL,  será entregado no CEIP Campolongo o día 21 deste mes, xuño, ás 12:00 h, despois de xogar e correr na Festa de Fin de Curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario