30.5.13

Trotacontos 2013


Dous Trocantontos, “O sunami que arrasou o país das figuras xeométricas (1º Ciclo de Primaria)  e “Unha man chea de auga” (Infantil), feitos por  sete colexios de Pontevedra (Campañó, Lerez, Xeve, Marcón, Verducido, Fina Casalderrei e Campolongo)  andaron contados con moita maxia nas bibliotecas escolares na  man da contacontos Raquel Queizás . Tódolos rapac@s quedaron abraiados de como se movían os seus debuxos e do que lles foi acontecendo polos outros coles, xa que eles comezaron o conto  pero non sabían ía seguir nos outros centros. Esta obra de arte puidérona levar para casa  grazas a ser subvencionada pola Concellaría de Normalización Lingüística  de Pontevedra.


Páxina para a Revista "Trotacontos"


27.5.13

Eu chorar chorei o domingo á tarde


Na India cantando en galego. Parece mentira pero así é.
A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono.

Un grolo por esta ONG

15.5.13

Cantarola Nosa nas Letras Galegas 2013


O alumnado de 2ºD, recitando coa axuda do Yogote, o poema Cantarola Nosa de Neiras Vilas, no Día das Letras Galegas 2013, homenaxeando a Roberto Vidal Bolaño.

O Xogo da Carrasquiña


Un total de 22 rodas facendo o Xogo da Carrasquiña, no Día das Letras Galegas de 2013, homenaxeando a Roberto Vidal Bolaño, no CEIP Campolongo.

Máis sobre o Día das Letras Galegas na escola.

A Rianxeira


A canción do porquiño


A canción do porquiño acompañada con xestos de "Yogote".

Máis sobre o Día das Letras Galegas na Escola.

Festa das Letras Galegas 2013 - Roberto Vidal Bolaño


Hoxe celebramos a Festa das Letras Galegas. Homenaxeamos a Roberto Vidal Bolaño, por ser o día propio del, e a Rosalía de Castro, polo 150º aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" , un libro cunha forza simbólica estraordinaria. Ningunha data máis axeitada para enaltecer e difundir este poemario, e lembrar a publicación da obra coa que se encetou o prestixio contemporáneo das  Letras Galegas (ver guión) .

Despois, de ler algúns poemas de Rosalía ("Adios ríos, adios fontes", Castellanos de Castilla, e Cantan os galos pra o día...   ) e outros acompañados da linguaxe de signos internacional "Yogote", e de que os compañeiros de 6º nos cantaran unhas bonitas pezas (Ao son do ar e  Rianxeira), rematamos coa pequena danza "O Xogo da Carrasquiña".

Artigos relacionados:

Teatro: "Espantallo amigo"


 Cantarola Nosa, tamén con "Yogote".



14.5.13

O Espantallo Amigo


Este ano, nestes días das Letras Galegas, o alumnado de 2ºD, agasallounos con esta pequena obra de teatro chamada "Espantallo Amigo", de Neiras Vilas. Noraboa tanto ó alumnado como a súa mestra María, polo bo traballo que fixeron.

Exposición Roberto Vidal Bolaño


Clicando na imaxe poderás ver os carteis tan chulos sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño. Por suposto, pódese ver no corredor de abaixo do colexio. Estará ata rematar o curso.

Exposición de Murguía


Durante este mes de maio teremos no noso centro a Exposición sobre Manuel Murguía, o home de Rosalía de Castro. Un home que influíu moito para que Rosalía de Castro escribira na lingua que era "practicamente" desprezada na escrita naqueles tempos

13.5.13

Curta de animación "A noite das mudanzas"


Xa está rodada a curta de animación "A noite das mudanzas". Porémola axiña a disposición do centro para poder xa vela neste mes "Maio mes da lingua". De momento non podemos poñela no blogue por estar na fase do concurso "Nós tamén creamos" que está a facer, dende fai tres anos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa TVGA e coa editorial OQO.

O que si se pode ver é a exposición de animais e demais obxectos da granxa  do "Granxeiro Leiro" que elaborou o alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria.

Recordamos que a curta é só de 5` (minutos)

Ver máis fotos.

8.5.13

Avance da presentación do documental o Muíño de Cabanas

O vindeiro martes 28 de maio, ás 20:30 h será presentado na Casa das Campás de Pontevedra, dentro da programación "Máio mes da lingua" o documental "O muíño de Cabanas"; onde o CEIP Campolongo aparece como un dos centros que aproveitan este muíño, xunto co sendeiro, como recurso didáctico.

6.5.13

Cántame un Maio

 

O CEP  Sequelo de Marín fixo este vídeo recollendo diferentes melodías dalgunhas zonas de Pontevedra, entre eles está o noso, CEIP Campolongo, aportando a melodía de Pontevedra. Podes escoitar melodías de Marín, de Vilaboa, de Cangas, de Vigo e de Fornelos ...

4.5.13

Maios 2013 na Ferraría de Pontevedra

Vídeo onde se recolle toda a Festa dos Maios na Ferraría. Inclúese o bonito pregón de da poetisa Rosalía Fernández Rial, a entrega de premios, e algunha canción do grupo musical que amenizou a festa.

Trotacontos 2013 de Primaria



Este ano o Trotacontos de Primaria (1ºCiclo), que elaboramos seis escolas do Concello de Pontevedra (CEIP Campolongo, CEIP Parada-Campañó, CEIP Santo André de Xeve, CEIP San Bieito de Lérez, o CEP de Marcón e a  EEI de Verducido, que ten tamén un ciclo de primaria), comezou cun Tsunami que arrasou un pais formado por figuras xeométricas. Logo, o mesmo Tsunami vai pasando polas demais escolas e alí acontecen outras historias.