8.4.13

As dez virtudes da camelia

1-Lonxevidade: Pensábase noutros tempos que a camelia tiña máis longa a vida que calquera outro arbusto ou árbore, e esta era una virtude vida do Ceo.  2-Inmutabilidade: As follas da camelia permanecen sempre verdes ao longo das estacións, e isto amosa a virtude da inmutabilidade.
3-Continuidade:  A camelia inxírese doadamente,  e así amosa a virtude da continuidade.
4-Resurrección: A camelia estoupa en botóns ou abrochos na tempada primaveral, mesmo despois do frío paisaxe do inverno, e esta é a virtude da reviviscencia.
5-Pureza:  A camelia branca é símbolo da pureza, e todas as camelias deben medrar con limpeza. Esta é a virtude da pureza e a tersura .
6-Beleza: A camelia amosa unha beleza inmutable durante a época da floración, en calquera lugar que medre. Esta é a virtude da permanencia da beleza:
7-Colorido:  A camelia ofrece o animado contraste das súas verdes lustrosas follas co vermello dos pétalos e o amarelo dos estames, e esta é a virtude da variedade.
8-Tesón: A camelia conserva, perante toda a súa vida, as características de fermoso e pequeno árbore florido. Esta é a virtude da inflexibilidade.
9-Servizo:  A camelia danos as súas marabillosas flores cando son moi poucas as outras que florecen. As flores úsanse para facer ramos, e tamén nas cerimonias relixiosas, e a pequena árbore serve para embelecer a paisaxe. Esta é a virtude do servizo.
10-Utilidade:  A madeira da camelia, sobrante da poda, úsase para facer carbón, que vale para a cociña e para braseiro. Das sementes sácase aceite, que se usa para moitas cousas, como guisar ou suavizar os cabelos. Esta é a virtude do beneficio.


Anrakuan Sakuden (1554-1642)

Versión Galega de Álvaro Cunqueiro


No hay comentarios:

Publicar un comentario