19.3.13

21 de marzo. Presentación Proxecto Poemas do Mundo



Como ben pon na  imaxe, este xoves, 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, lanzarase a 1ª fase do Proxecto Internacional "Coñecer a Rede Unesco a través de Poemas do Mundo". Por suposto, estamos todos invitados. Os que non poidan asistir poderán velo por internet dende a páxina web de Porto : Escola Árvore: http://www.arvore.pt/

Hai que ter en conta o fuso horario de cada país.  En Porto-Portugal comeza ás 15:30 h.

Recordamos que este proxecto ten 3 fases.  Ver calendario.

A nosa Escola, está colaborando na coordinación das linguas lusófonas por medio do blogue Yogote -Lusofonía, onde temos varios dos nosos poemas.

Tamén podemos ver os poemas no blogue hispano, onde estarán representadas todas as comundidades autónomas coas diferentes linguas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario