31.3.13

C. reticulata "Captain Rawes"

En Campolongo temos algunhas camelias xapónicas e unha soa reticulata. Aquí temos a segunda, nun lateral da igrexa S. Xosé. Ver algunhas máis reticulatas

30.3.13

C. uraku (tarokaja)


Especie de camelia poco común en perigo de extinción xunto con outras: C.nitidissima, C.euphlebia, C.amplexicaulis e a C.azalea

26.3.13

Camellia sansaqua-minkunniko


Algunhas camelias reticuladas


Belén de Camelias


Camellia Japónica Galiza


Algunhas variedades da Camellia Japónica




Formas básicas da camelia

Especies máis comúns de Camelias

 

Simplificando máis quedarían estas.



Ver máis no blogue do Areeiro (Estacion Fitopatolóxica de Pontevedra)


Camelia reticulada "Rosalía de Castro"


Unha camelia homenaxeando a nosa escritora e poetisa Rosalía de Castro

Camelia xapónica "Cidade de Vigo"


Dous bonitos exemplares da Camellia Japónica "Cidade de Vigo"

Camelias figo


Dentro das máis de 200 especies de camelias, temos estas que son moi curiosas e bonitas, as Camelias - Figo (por suposto aquí están unha pequena representación).

24.3.13

Poemas do Mundo - World Poems - Evento 1

"Site" principal dos Poemas do Mundo (World Poems)

Cronograma do vídeo youtube

Vídeo

Mentres por este lares estabamos con Certame da Camelia, o xoves21 de marzo (quinta feira), na Escola Árvore de Porto -Portugal fíxose o lanzamento do proxecto "Coñecer REDE PEA UNESCO a través de Poemas do Mundo" , onde o noso centro está moi implicado na colaboración e elaboración de poemas. Somos os administradores e colaboradores do blogue Yogote-Lusofonía,  que ben sendo  a plataforma de convivencia (aclaracións, probas, axudas ....) para  para todos os mestres do mundo lusófono (Galiza, Brasil, Portugal, Madeira, Angola, Cabo Verde ...)

O  "Evento 1" foi gravado en directo (sistema hangout) en youtube e realmente comeza no minuto 68 (01:08:10 h)  deste vídeo  (VER CRONOGRAMA),  pois houbo retraso e a cámara estivo gravando  igualmente por estar programado o evento para unha hora antes. Despois da presentación dos distintos representantes das Escolas Asociadas Unesco de España e Portugal e do representante da Xunta de Galicia, o Delegando Territorial de Pontevedra,  recitaron  e cantaron  algúns poemas no código de signos internacionais (Yogote) o alumnado de diferentes centros educativos  particantes  e rematou o evento  coa  presentación da páxina web ou o  Site Principal dos Poemas do Mundo (World Poems).  Neste "site" pódense buscar todos os diferentes poemas de varios xeitos, un deles, moi práctico,  por exemplo é o da etiqueta  "Countries" (por paises).  Como a web principal está en inglés, por ser un proxecto internacional, se buscamos "Spain" iremos a un site onde aparecen diferentes paises de lingua hispana (de momento Andorra, Cuba e España), onde logo dentro de España aparecen as diferentes comunidades autónomas. E logo, clicando en Galicia aparecen as escolas galegas que estamos a partipar cos seus poemas. Recordamos que este  proxecto está na Fase nº 1., A Fase 2ª  será na primeira semana de Xullo, fora do calendario lectivo escolar,  no Congreso que se fai anualmente de Rede de Escolas Asociadas  UNESCO, este ano será en Alicante.

19.3.13

Fantasía da Camelia

21 de marzo. Presentación Proxecto Poemas do Mundo



Como ben pon na  imaxe, este xoves, 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, lanzarase a 1ª fase do Proxecto Internacional "Coñecer a Rede Unesco a través de Poemas do Mundo". Por suposto, estamos todos invitados. Os que non poidan asistir poderán velo por internet dende a páxina web de Porto : Escola Árvore: http://www.arvore.pt/

Hai que ter en conta o fuso horario de cada país.  En Porto-Portugal comeza ás 15:30 h.

Recordamos que este proxecto ten 3 fases.  Ver calendario.

A nosa Escola, está colaborando na coordinación das linguas lusófonas por medio do blogue Yogote -Lusofonía, onde temos varios dos nosos poemas.

Tamén podemos ver os poemas no blogue hispano, onde estarán representadas todas as comundidades autónomas coas diferentes linguas.

10.3.13

9.3.13

Cocorico


Pequena obra de teatro do conto "Cororico" feita polo alumnado de 3ºB e que participa este ano nas Actividades da XIV Edición do Salón do Libro de Pontevedra.

7.3.13

Un conto e unha carta



Engadimos,  para  homenaxear á   Muller traballadora  (8 de marzo), un conto , "Unha Feliz Catástrofe"  e unha "Carta "

CARTA DUNHA NAI

Queridos todos:
Voume. Volverei cando saibades onde están gardadas as bólas de naftalina, cando a nosa casa xa non teña segredos para ningún de vós, cando sexades capaces de descifrar os códigos dos botóns da lavadora, cando logredes reprimir o impulso de chamarme a berros se se acaba a pasta de dentes ou o papel hixiénico. Volverei cando esteades dispostos a levar comigo a coroa de raíña da casa. Cando non me necesitedes máis que para compartir.
Xa sei que me botaredes de menos, estou segura. Tamén eu a vós, pero só desaparecendo poderei encher os ocos que o voso agarimo me produce... Só poderei estar segura de que verdadeiramente me queredes cando non teñades necesidade de min para comer ou para vestirvos ou para lavarvos ou para atopar as tesoiras. Xa non quero ser a raíña da casa, estou farta, canseime de tan gran responsabilidade e caín na conta de que se sigo xogando o papel de nai súper non lograrei inculcarvos máis que unha mentalidade de súbditos. E eu quérovos libres e moderadamente suficientes e autónomos.
Xa sei que o voso comportamento comigo non é máis que un deixarse levar pola miña rutina; tamén por iso quero pór terra por medio. Se quedo, seguirei póndovos todo ao alcance da man, xogando o meu papel de omnipresente para que me queirades máis.
Si, para que me queirades máis. Deime conta de que todo o que fago é para que me queirades máis, e iso paréceme tan perigoso para vós como para min, é unha trampa para todos.
Asegúrovos que non me vou por cansazo, aínda que sexa unha lata durmirse todas as noites pensando na comida do día seguinte e facer a compra a correr cando vés do traballo e, a longo prazo, pesa moito a teima de ver sempre un veo de po nos mobles cando sento un intre no sofá, e a perenne atracción cara á bayeta e a cera. Pero non é só por iso. Non. Tampouco me vou porque estea farta de pór a lavadora mentres me desabrocho o abrigo nin porque queira estar máis libre para facer carreira no meu traballo. Non. Hai xa moito tempo que tiven que elixir unha perpetua interinidade na miña profesión porque non podía compatibilizar unha maior dedicación mental ao traballo profesional coa lista da compra. Voume para ensinarvos a compartir, pero sobre todo voume para ver se aprendo a delegar.
Porque se o consigo, non volverei nunca máis a sentirme culpable cando non saquedes notas brillantes ou cando se queimen as lentellas ou cando algún non teña camisa planchada que poñer.
A culpa de que sexa imprescindible na casa é só miña, así que desaparecendo eu por uns días, darédesvos conta vós de que a monarquía doméstica é facilmente derrocable e quizá eu poida aprender a humildade necesaria para ser, cando volva, unha máis entre a plebe.
Cando atopedes a naftalina non deixedes de avisarme. Seguro que para entón eu tamén teña aprendido a non ser tan excesivamente boa. Pode ser que ese día non nos queiramos máis, pero seguro que nos quereremos mellor.

Bicos. Mamá.

C. de Santos - "Ser Humano"

Mulleres galegas

8 de marzo, día das mulleres


Para celebrar este día comparto connvosco esta webquest elaborada polo CEIP de Milladoiro en Malpica, sobre as mulleres na Historia de Galicia. Premede na imaxe para acceder.




3.3.13

Máquina "Contacontos"


Outra das máquinas feitas polo alumnado de 3ºB. Esta é a máquina "Contacontos".

Artigo relacionado: "O libro das nosas máquinas no Salón do Libro"

Máquina "Comefumes"

Había que poñer unha destas máquinas en ca estrada para que tragara todos os fumes dos coches. Non si?

Clica na imaxe para saber máis desta máquina.

Artigo relacionado: "O libro das nosas máquinas no Salón do Libro"

Máquina "Aspiraarmas"

Un boa máquina  para rematar coas guerras. Unha mágoa que aínda non funcione ben.

Artigo relacionado: "O libro das nosas máquinas no Salón do Libro"

Máquina "Angiganenos"

Clica na imaxe para ver esta máquina especial.

Artigo relacionado: "O libro das nosas máquinas no Salón do Libro"

A máquina "Boas Noticias"

Clica na imaxe para ver como funciona esta máquina feita polo alumnado de 3ºB.

Artigo relacionado: "O libro das nosas máquinas no Salón do Libro"

2.3.13

O libro das máquinas no Salón do Libro.



Xa temos unha representación das nosas máquinas no Salón do Libro. Pódense ver todas nas dúas encuadernacións (libros) que se fixeron, nelas están escritas as increibles historias das máquinas .
As outras máquinas que non se poideron levar por falta de espacio,  pódense ver polos corredores da escola.