24.12.12

Gústame o Galego

Gústame…, que che guste a miña lingua :-P , …que me digan “qrt m8″ , …que nos pubs poñan música en galego, …que non me traduzan o café con leite, …que @s bonec@s falen galego, …que o leite poña que é galego 100%, …que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño, …que me entren en galego! E A TI, QUE CHE GUSTA? Gústame… o galego!, unha iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) que tivo moito éxito e na que aínda podedes participar desde o twitter.

Abertos ó Galego

Que onde comprar en Galego. Compromiso coa lingua.

22.12.12

Cantigas de Nadal


Un bo CD de música "Cantigas de Nadal" con panxoliñas galegas de varios autores.

No vídeo tes unha delas.

Clicando na imaxe podes ver a letra mellor.

O Pirimpinpín








Para escoitar nestas festas recomendamos, mercar o CD "O Aghinaldo" do grupo Malvela:  01. Nadal en Mos. 02. No pendello. 03. Natal dos simples. 04. Despedida de ano vello. 05. Canto de Reises de Mosende. 06. As Xaneiras. 07. De vila en vila. 08. Kikirikí. 09. Chegaron a pé. 10. Romance vello. 11. Alerta pastores alerta
  
Nos vídeos: O "Pirimpinpín"  e "Maruxiña" Letras do disco: "Da miña xanela á túa"

15.12.12

14.12.12

Sairemos como Galegos

Un Nadal de Libros


A Coordenadora de Equipos de Dinamización e Normalización da Lingua Galega de Pontevedra (CEDNL de Pontevedra) elaborou unha pequena lista de libros recomendados para este Nadal. Aquí temos na imaxe os de infantil e primaria. 

Clica aquí se queres ver os de secundaria e bacharelato.

12.12.12

Campolongo con Celso Emilio Ferreiro

From Celso Emilio Ferreriro 12-12-12 ás 12 h
Xa temos algunhas das fotos da homenaxe feita ó escritor e político galeguista Celso Emilio Ferreiro no CEIP Campolongo, polo centenario do seu nacemento (1912). Fixemos , ó igual que moitos centros de Galicia, a lectura simultánea, ás 12 h do día 12-12-2012,  dun dos seus poemas máis emblemáticos, "Deitado frente ó Mar".

Como os máis pequenos aínda non saben ler, decidimos que todos os nosos maiores, os de 6º, foran por todas as aulas, na hora prevista (na de lectura) en grupos de 4,  para leren o poema en todas as titorias, 19 sen contar os de 6º. Ou sexa que toda a escola, máis de 525 rapaces e rapazas, xunto cos mestres e mestras, estivemos con Celso Emilio Ferreiro

Axiña poremos máis fotos, pois foron catro cámaras as da reportaxe.

 Outros poemas feitos no cole.
Moito máis sobre Celso Emilio Ferreiro, na páxina da CGEDNL

Caricatura de Celso Emilio para Colorear 


4.12.12

Ollos de Aula Nº 3 (Decembro)

Entre outras cousas podemos atopar o seguinte nesta Revista para as Familias:

Temos que axudarlle ós nosos fillos a facer os deberes?

Que é o Reforzo Educativo?

Consellos para mercar os xoguetes.

Ollos de Aula. Revista nº 2 (Novembro)


 Clica na imaxe para ver Revista para os pais de educación, elaborada pola CGEDNL.

Nela poderás ver as competencias do Consello Escolar, para que serven as reválidas, como facer a entrevista co profesorado....