9.11.12

A Escola Encantada

-->
Eran unha vez uns amigos que se chamaban:
Mar, Xurxo e Mateo. Mar era valente e atrevida, Xurxo era moi lambón e Mateo era moi resabido.
Unha maña, atoparon o encerado pintado, pero non podía ser, porque Mar fora a ultima en saír e borrara o encerado enteiro.
Que puido pasar!!!
No recreo comezaron a falar sobre este tema, e tiveron unha idea: " esa noite ían ir a escola para ver o que pasaba". Mar e Mateo estiveron de acordo, pero Xurxo non , porque non quería perderse a cea do día seguinte, tocaba a súa comida favorita, espaguetes, ñam, ñam, ñam. Entón comentouno cos amigos para ir a semana seguinte, e pareceulles ben.
Pola tarde, xogando no parque, decidiron que como só pasara unha noite esperarían ao próximo mércores. Pero despois, ó preguntarlle ós pais, estes lles avisaron que ese era o DÍA DE SAMAIN. Entón Mateo comezou a ter un pouco de medo.
A mañá seguinte viron o encerado outra vez pintado, e o saír ó patio atoparon restos de merenda, envoltorios de caramelos e mondas de pebidas polo chan.
Os nenos preguntábanse. Que será o que acontece pola escola polas noites?
Durante varios días atoparon restos de sabas e moitas cousas máis.
Chegou o día de SAMAIN e os nenos decidiron quedarse na aula pola noite. Os tres tiñan medo, incluso Mar.
Mateo e Xurxo pensaron en irse para as casas, pero Mar non se daba por vencido. De súpeto, oíron un bufo e Mateo colleu medo.
Atopáronse na porta do colexio e descubriron o enreixado aberto, e no piso de arriba as luces acesas
Mateo colleu medo e Xurxo quixo entrar porque lle ulía a xeado. Mar e Xurxo convenceron a Mateo para seguir adiante.
Entraron e achegáronse a súa aula. Ollaron o que pasaba pola pechadura da porta. Había homes lobo, pantasmas, ó home invisible e tamén Frankenstein. Logo tamén descubriron que o home invisible estaba dando clase a todos, e que estaban sentados nos pupitres dos alumnos. Axiña decidiron coñecelos, abriron a porta e todos os monstros quedaron con cara de admiración e entusiasmo, porque nunca viran xente así. Estes preguntáronlle ós nenos se querían facer unha festa. Dixeron que si.
Quedaron toda a noite bailando, xogando e contando historias.
Os monstros e os nenos ensináronse uns a outros as súas materias, e divertíronse moito.
A maña seguinte, os demais nenos atoparon ós nosos amigos e aos monstros na aula durmidos.
Cando todos espertaron, os mestres e nenos do colexio abraiaron co que viron. Os monstros pediron se podían quedar na escola. Dixéronlles que si.
Aquel dia foi inesquecible, non houbo clase e xogaron toda a maña. Comeron lambetadas e déronse moitos sustos.

Conto de medo feito por Sara G. G.  (3ºB)

No hay comentarios:

Publicar un comentario