6.11.12

A Escola Embruxada

  Estou estudando na escola máis coñecida da cidade, porque se di que é boa en alumnos e profesores, pero a verdade e que vive unha horrible pantasma que aparece pola noite cando xa está baleira e soa. Nos recreos falamos disto e se era ou non verdade o que se dicía da escola. Metíamos medo dicindo que vagaba o espírito dunha nena que morrera en estrañas circunstancias. Entón, como as fiestras das aulas daban á rúa, un día ocorréusenos facer unha aposta de quen era capaz de ir a escola pola noite e mirar o que alí pasaba, e o que gañara levaría un ioió novo e unha raqueta de bádminton que pedira o mestre de E. Física. Cando chegou a noite fomos catro amigos da escola, eles tremían e tiñan medo, entón sabía que eu sería a gañadora. Axudáronme dúas delas a subir para asomarse e apoieime na fiestra, peguei a cara ó cristal e cando ó cabo dun rato empecei a ver o que había dentro, xa que estaba todo moi escuro, vin a mesa do mestre e os pupitres, e no fondo da aula algo se movía ás catro patas e non era un animal. Parecía unha persoa que se movía moi rápido e "ghabeaba" pola parede da aula. Levei tal susto que caín para atrás, e as miñas amigas saíron correndo moi asustadas. Cando estaba no chan paralizada polo medo mirei para arriba e vin entón uns pelos enormes asomando pola fiestra e votei a correr. Resultou que esa fiestra era a da miña aula e pasei todo o curso mirando por riba do ombreiro, porque notaba como se alguén me soprara na cabeza.


Conto de medo feito por Fátima G. P. (3ºB)

No hay comentarios:

Publicar un comentario