28.9.12

Pelopincho

Adriana, de 5ºA, fixo un precioso debuxo de Corpuspín, como dixemos que cada un lle puxera o nome que quixera, ela chamóulle Pelopincho. Un nome moi adecuado. E como ela di, este ano é a mascota de 5ºA.

24.9.12

Corpuspín no CEIP Campolongo

Corpuspín
From Ourizo Cacho

Hoxe visitounos no colexio un ourizo cacho, tamén coñecido por   ourizo cacheiro ou porco espiño. Os rapaces chamábanlle "Espinete". Nós ímolle chamar Corpuspín, que tamén é un dos nomes polos que é coñecido nalgunhas zonas.
Todos o querían como mascota . Pasou por varias clases e o pobre non daba feito. Vimos como nun momento de descanso; tomaba un pouco de leite con pan, foise afacendo ó agarimo dos rapaces despois dunha longa tensión ó querer collelo todos.
 Nas ligazóns de abaixo podes ver máis fotos que se fixeron nalgunhas clases. Recordamos que estes animais están protexidos, pois son mois bos para o campo por ser insectívoros. Dende aquí, os que temos xa algúns anos, recordamos que antes metíanse incluso nos fallados das casas ou nas bodegas, onde se gardaban as patacas ou algún gran das colleitas, pois deste xeito os ratos caian presos polas zoupas dos ourizo cachos. Ver máis fotos. Ver un ourizo bebé. Ver máis en Ríos Galegos.

21.9.12

Paxaros do río Ghafos

Excelente traballo feito o curso pasado pola alumna Patricia Fariña Dapena (6ºB) sobre os paxaros do noso río Ghafos (Gafos). Artigo relacionado: Xogo Avifauna do río Gafos.

Xogo "As árbores do noso cole"



Aprende algunhas cousas sobre as árbores do cole (CEIP Campolongo) xogando con esta aplicación LIM.

12.9.12

Teño un amor en Rianxo

Cantiga do curso 2009-10 que queremos recordar traballa coa mestra de E. Infantil "Reyes", especialista ela tamén en música.

O río Ghafos

Comezamos unha nova andaina coa normalización e dinamización da lingua galega no CEIP Campolongo. Como rebautizamos á nosa mascota co nome de Ghafos, poñemos este vídeo onde nos mostra un dos tramos deste río na cidade de Pontevedra. Concretamente este tramo denomínase tamén Menexo.